Hjem til jul | |
---|---|
Formato | Comedia romántica, drama |
Creado por | Per-Olav Sørensen |
Desenvolvido por | The Oslo Company Netflix |
Dirixido por | |
Intérpretes | |
País de orixe | Noruega |
Lingua(s) | Noruegués |
Temporadas | 2 |
Episodios | 12 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | |
Duración | 30 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Netflix |
Formato de imaxe | 16:9 |
Primeiro episodio | 5 de decembro de 2019 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Hjem til jul é unha serie de televisión norueguesa de comedia romántica estreada en 2019, producida por Netflix e The Oslo Company.[1] Hjem til jul é a primeira serie norueguesa de Netflix.[2] A serie foi creada por Per-Olav Sørensen e o guión foi escrito por Fredrik Høyer, Miriam Larsen, Mattis Herman Nyquist e Julie Skaufel, cuxo argumento se basea nunha idea de Amir Shaheen e Kristian Andersen.[3] Ida Elise Broch é a protagonista, interpretando o papel de Johanne. A serie componse de dúas temporadas de seis episodios cada unha. A primeira estreouse a través de Netflix o 5 de decembro de 2019, e a segunda en decembro de 2020.